Alumnos do IES Ribeira do Louro confeccionaron o tradicional mural do Día das Letras Galegas

O alcalde visitando aos alumnos participantes no mural
Como vén sendo habitual os últimos anos no Porriño, na semana do Día das Letras Galegas, os estudantes de cuarto curso da ESO do IES Ribeira do Louro ocuparon a Praza do Cristo cargados con brochas, pintura e altas doses de creatividade para crear o gran mural conmemorativo desta festividade galega.
En dúas grandes superficies de tea que engalanarán a fachada do Centro Cultural Municipal, decenas de alumnos, acompañados pola súa profesora de Educación Plástica María José Iglesias, debuxaron unha caricatura do homenaxeado deste ano, o escritor, político e historiador pontevedrés, Xosé Fernándo Filgueira Valverde, espertando a curiosidade dos transeúntes, que se paraban a interesarse polo traballo dos mozos.
Tras admirar a obra dos mozos, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, quixo felicitarlles pola súa creatividade e talento, así como polo esmero e ilusión con que confeccionaban o mural que todos os porriñeses poderemos gozar os próximos días.











