Ábrese o prazo para a solicitude de subvencións destinadas a organizacións sen ánimo de lucro con domicilio en Riveira
O Concello de Riveira informa que mañá abre o prazo para que as organizacións sen ánimo de lucro do municipio soliciten unha subvención destinada a realización de actividades ou proxectos. O monto máximo ao que poden optar estas organizacións é de 2000 euros e o mínimo de 300 (ata un máximo dun 50% do gasto acreditado).
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral e o prazo será dun mes a partir de mañá. Poderan optar a esta axuda as entidades cumpran os seguintes requisitos: ter ou seu domicilio social ou sede na localidade, estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións antes do 1 de xaneiro deste ano, conta cun mínimo de 20 socios, no estar en situación de incompatibilidade para a percepción de axudas públicas, estar ao corrente dos pagos coa Administración e non ter pendente de xustificación outra subvención co Concello.
Unha por entidade
Só se concederá unha subvención por asociación. Aquelas que teñen personas xurídicas diferentes pero nas que os socios ou os membros da xunta directiva son os mesmos en máis dun 50% quedarán exlcuídas.











