A Xunta subministra novas unidades móbiles a Protección Civil e Policía Local de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa que no Diario Oficial de Galicia de hoxe ven publicada unha resolución pola que a Xunta de Galicia subministrará novos vehículos á Policía Local e a Protección Civil da nosa localidade.

A Policía Local recibirá un vehículo tipo turismo e unha motocicleta tipo trail. Esta resolucións enmárcase no proxecto de adxudicación de vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con corpo de Policia Local.

Por outra parte, Protección Civil contará cun novo todoterreo tipo pick up grazas ao plan de adxudicación de equipamentos de emerxencias, a concellos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.

Ambas resolucións están impulsadas por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminsitracións Públicas e Xustiza, e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolmento Rexional (FEDER).

12 de maio de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.