A Xunta concede unha subvención a Riveira para a pavimentación de dous camiños en Deán Pequeno
A Xunta de Galicia, concretamente Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ven de concederlle ao Concello de Riveira unha subvención para a pavimentanción de dous camiños situados no entorno do Cruceiro dos Remedios, en Deán Pequeno.
A contía da axuda é de 38.368,30 euros, un 80% do custe máximo do proxecto (sen contar o IVE).A achega está cofinanciada con fondos Feader. O prezo total ascende a 58.032,06 euros, IVE incluído, e o prazo de execución da obra é dun mes e medio.
Esta actuación ten como obxectivo a mellora dos camiños citados anteriormente, que se encontran en avanzado estado de deterioro con abundancia de baches e zonas disgregadas que dificultan o tráfico que descorre por estas rúas.
A obra consistirá na pavimentación cunha capa da aglomerado asfáltico en quente de diferentes tipos de espesor en función das necesidades e do tráfico que teña que soportar cada un dos viais. Ademais, procederase a colocación da cota ás diferentes tapas de pozos e arquetas.











