A unidade móbil do Centro de Trasfusión de Sangue de Galicia visita A Bandeira o 26 de maio
O municipio de Silleda volve recibir este mes a visita da unidade móbil do Centro de Trasfusión de Sangue de Galicia (CTG). A cita será na Bandeira, o vindeiro martes día 26. As persoas que desexen facer doazóns poden acudir á unidade, que estará no lugar de costume, xunto ao centro de saúde da localidade, pola tarde, en horario de 16.00 a 21.00 horas. O Concello e o CTG, amosan o seu agradecemento a todos os veciños e veciñas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde.











