publicidade hoxe

A Regata Primavera reúne a máis de 30 embarcacións e 120 tripulantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSada
A-
A+

Coa Regata Primavera MundoVerde no CN Sada, celebrada o pasado fin de semana pechábase tamén o Gran Prix de Primavera que organizan conxuntamente esta entidade e o Nautico Ria de Ares.

Do mesmo xeito que nos previos Gran Prix de Outono e Inverno, esta fórmula de colaboración entre os dous Clubs organizando conxuntamente as regatas de maneira alterna xunto co magnifico campo de regatas que comparten, constituíu un novo éxito de participación e un magnífico escenario de adestramento ás tripulacións para as probas de alto nivel que se aveciñan.

Dous moi bos días de navegación, o sábado con ventos entre 18-22 nós e Domingo en condicións máis suaves fixeron as delicias de máis de 30 embarcacións incorporándose ademais algunhas novas unidades.

Por tratarse dun elevado numero de embarcacións, ambos os clubs organizan a flota en catro divisións de maneira que se fomenta a competitividade facendo destas xornadas regatas moi competidas.

Os resultados da Primavera MundoVerde daban como vencedores en cada categoría ás seguintes embaraciones e patróns :

Clase Open: NO PROBLEM de Gerardo Lugris do CN Sada

Clase C: Zamborela do CN Ares que empataba a puntos co Pingon de Jose Manuel naveiro do CM Redes.

Clase B: Raygrass III de Jose A. Nuñez. Club MariticoCarrumeiro de Corcubion.

Clase A: X-CROGG de Ricardo Vara. Club San Vicente do Mar O Grove.

Con estes resultados da Primavera, decisivos para a Xeral do Gran prix, as xerais finais de cada grupo quedaron como segue:

Clase Open:

1º JAZZ de Manuel Regueiro CN Ares

2ºNo Problem de Gerardo Lugris CN Sada

3ºAtalante Un de Gonzalo vazquez CN Sada

Clase C:

1ºZamborela da Escola de Vela do CN Ares

2ºPingon de Jose Manuel Naveiro do CM Redes

3ºLa Rabuda de Antonio Lopez do CM Redes.

Clase B:

1ºRaygras III de Jose A Nuñez do Club Carrumeiro de Corcubion

2ºGolafre de Benito Calvo do CM Redes

3ª TheCooksters de Roberto Lopez do CN Ares

Clase A:

1ºMacystar de FrnaciscoEdreira

2ºx-CROGG de Ricardo vara do Club san Vicente do Mar.

3º SAIOLA de Pedro Pena do CN Ribadeo.

O Domingo procedeuse a unha dobre entrega de premios, para ambas as probas coa representación de ambos os clubs, do patrocinador da proba e da Federacion galega de vela, cunha especial cerimonia de premios consistente en accesorios náuticos e libros de etrategia , táctica de regatas, e de vela deportiva en xeral,  que foron moi do agrado dos competidores asi como tamén se procedeu a un sorteo entre os participantes.

14 de maio de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.