publicidade hoxe

A praza de abastos do Porriño vístese de festa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Co propósito de promover a nosa praza de abastos, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores de compra local así como, a profesionalidade e o bo facer dos nosos placeiros, a Xunta de Galicia, en colaboración coa concellaría de Prazas e Mercados do Concello do Porriño, que dirixe María José Martínez,  celebra este sábado o Día do Mercado no Porriño.

Esta iniciativa, que persegue a instauración dun día conmemorativo anual dos mercados e prazas de abastos, parte da asociación internacional de mercados, WVMW, e pretende fixar o último sábado do mes de maio como día de posta en valor do mercado tradicional.

Con tal motivo, este fin de semana, a nosa praza de abastos vestirase de festa para achegar  ao consumidor a súa ampla oferta de produtos frescos. Haberá música, animación, paiasos para os máis pequenos, e sobre todo, o natural ambiente da praza de abastos do Porriño que, con aires renovados segue mantendo a súa calidade, a súa proximidade e toda a esencia do mercado tradicional.  

28 de maio de 2015 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.