publicidade hoxe

A Policía Local do Porriño detén a un xoven como presunto autor dun delito de lesións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+

A Policía Local do Porriño procedeu onte xoves á detención de M.M.F. de 34 anos de idade e veciño de Vigo, polos feitos ocorridos o sábado 17 de maio de 2015 nun coñecido Pub do Porriño. Presuntamente, o agora detido agrediu sen mediar palabra a outro xoven que ía buscar unha consumición á barra do establecemento, golpeándolle cun vaso de cristal na cara. A consecuencia da agresión, a vítima sufriu graves lesións no seu rostro, que obrigaron ao seu inmediato trasladado ao hospital do Meixoeiro para ser asistido, quedando pendente de cirurxía plástica para a reconstrución facial. 

Postos en coñecemento os feitos mencionados á Policía Local do Porriño, os axentes estableceron un dispositivo para a localización e detención do presunto autor dos feitos, sendo finalmente detido este xoves 21 de maio. O actual código penal establece penas de prisión de dous a cinco anos para os delitos de lesións onde utilicen instrumentos ou obxectos perigosos para as persoas. O detido quedou en liberdade con cargos.

22 de maio de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.