A feira Salimat inclúe novos perfiles de compradores nos seus encontros de negocio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Encontro de compradores Salimat na edición anterior

Encontro de compradores Salimat na edición anterior

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2015, o cal se celebrará do 11 al 14 de xuño na Feira Internacional de Galicia, incorporará novos perfiles na demanda alimentaria dos seus Encontros de Compradores.

Así, esta eficaz ferramenta comercial, que permite aos expositores de Salimat reunirse cun importante número de importadores e distribuidores nacionais e internacionais, ofrecerá nesta edición a posibilidade de que as empresas expositoras tamén presenten os seus produtos alimentarios a hostaleiros e restauradores galegos.

O obxectivo é que todas as empresas participantes teñan máis oportunidades de negocio no salón, pero especialmente que as firmas máis pequenas e os produtores, moi presentes no sector alimentario galego, conten nestes encontros de negocio, ademais de con grandes importadores e distribuidores, con outro tipo de compradores que demandan un volume de produción menor e se axustan máis á estratexia comercial dalgunhas pemes.

Dende a organización xa se están a facer xestións para que este novo tipo de compradores estean presentes nesta edición 2015 do Salón de Alimentación do Atlántico.

Compradores internacionais e nacionais

Por outra banda, Salimat tamén traballa na presenza de importadores e distribuidores alimentarios tanto nacionais como internacionais aos que a oferta participante no salón poderá amosar os seus produtos mediante reunións axendadas con anterioridade en función dos intereses de ambas partes.

Na pasada edición nestes Encontros de Compradores celebráronse con éxito cerca de 700 reunións de negocio entre os expositores do salón e os 14 importadores e distribuidores participantes, que procedían de Alemaña, Xapón, Italia, México, Australia, Rusia e España

8 de maio de 2015 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.