A brigada de obras de Riveira derruba un galpón ilegal situado no Vilar

Demolición do galpón
Se no pasado mes de febreiro procedíase coa demolición dun histórico símbolo do feísmo como era a nave leiteira da parroquia de Artes, hoxe mesmo tivo lugar o derrubo doutra estrutura que se remonta a moitos anos atrás: un galpón construído na estrada Vilar, poucos metros antes do acceso ao núcleo deste pobo situado na parroquia de Carreira.
Foi a Brigada Municipal de Obras a que emprendeu esta mañá os labores de derrubo, previa retirada da uralita por parte dunha empresa especializada.
Deste xeito, deuse cumprimento de forma subsidiaria a un expediente de disciplina urbanística impulsado polo propio Concello.











