500 obras escolares en poesía, prosa e banda deseñada presentáronse ao Certame Literario das Letras Galegas

Certame das Letras Galegas
Case trescentos rapaces e rapazas de educación primaria dos colexios Galaxia, O Grupo, Palmeira e Friónsacudiron no día onte ao Auditorio Municipal para participar nunha dobre actividade organizada no marco da programación do Maio Cultural 2015. Ademais das dúas nenas premiadas do centro educativo Heroínas de Sálvora, de Aguiño.
Desde as 11.00 horas ata as 12.15, os cativos tiveron ocasión de disfrutar co divertido espectáculo de Xoan Curiel “Estamos no verán”. Tras esta actuación, bailaron e cantaron baixo o ritmo do grupo musical Son+D2.
De seguido tivo lugar a xa tradicional entrega de galardóns do Certame Literario das Letras Galegas, que este ano alcanzou a súa vixésimo terceira edición. En total repartíronse 18 premios e dous accesit. Ademais, cada colexio recibiu un diploma e un lote de libros. Foron 500 o número de traballos presentados nalgunha das tres modalidades convocadas (prosa, poesía e banda deseñada). Todos os cativos e cativas asistentes recibiron como agasallo unha libreta e un estoxo de cores serigrafiados coa caricatura de Filgueira Valverde e o escudo do Concello.
Os premios foron entregados por Mari Carmen Vizcaya, concelleira de Educación, e polos técnicos: Alicia Padín, Unai González e Segundo Durán











