Uns 120 veciños participaron nos cursos de informática en Aguiño e Riveira

Clausura do curso de informática
O Centro Cultural Lustres Rivas foi onte o escenario da entrega de diplomas que puxo punto e final aos cursos de informática que tiveron lugar en Aguiño e Riveira e nos que participaron 120 personas. O acto contou coa presenza da tenente de Alcalde, Dolores Elorduy. Tamén participou o axente TIC Abel Alonso, encargado de impartir as clases.
En total foron dez os cursos impartidos nestas dúas parroquias. Desde alfabetización dixital, para aqueles que comezaban a súa andíana no mundo da informática, ata un de nivel intermedio. Tamén se ofertaron clases de retoque fotográfico, DNI e certificado dixital, e a iniciativa “Co teu portatil”.
Hoxe turno para Palmeira
Por outra parte, os 24 alumnos que participaron nos cursos de alfabetización dixital e nivel intermedio que tiveron lugar en Palmeira recibirán hoxe a súa acreditación. Será ás 19.30 horas no local da Sociedade Hijos de Palmeira.











