Un total de 37 lenzos coas Illas Atlánticas como inspiración compoñen a mostra de natureza que se exhibe no Lustres Rivas

Inauguración da mostra
Ata o vindeiro día 2 de maio, o Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira exhibe a exposickón “Lenzos de Natureza”. II Encontro de Pintores no Parque Illas Atlánticas”: unha mostra formada por 37 obras de diversas técnicas realizadas por 35 artistas nos catro arquipélagos.
O alcalde Manuel Ruiz e o director das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, encabezaron o pasado venres o acto de apertura da exposición, entre cuxos numerosos asistentes figuraban os dous artistas locais que se animaron a participar na iniciativa: Maralla e Paco Casal.
Cómpre destacar que Riveira é o primeiro destino ao que viaxa Lenzos de Natureza despois da súa exhibición en Vigo na sede do Parque Nacional. Despois visitará outras localidades como Vilagarcía e Bueu.
Ruiz Rivas aproveitou a súa intervención para eloxiar a illa de Sálvora e destacar as súas cualidades dende o punto de vista do seu patrimonio tradicional como medioambientais.
Pode ser visitada de luns a venres, de 10 a 14 e de 18 a 21 horas, e os sábados, de 11 a 13 horas.











