Un total de 23 persoas participan nun obradoiro sobre libros de artista no Lustres Rivas
Un total de 23 persoas iniciaron o pasado sábado obradoiro dedicado á elaboración do libro de arista: unha iniciativa promovida polo Concello que está sendo impartida pola creadora riveirense Lucía Romaní.
A primeira das sesións tivo lugar o pasado sábado no Centro Cultural Lustres Rivas, en tanto que a segunda e última celebrarase este sábado 25 de abril no edificio do novo mercado, coincidindo coa celebración da II Feira da Educación de Riveira.
O taller divídese en dúas sesións teórico-prácticas. Ao principio de cada sesión realízase unha breve exposición teórica dos contidos fundamentais relacionados co concepto de libro de artista (descrición do xénero, vertentes e referentes, artistas e movementos máis destacados, etc.,) e unha segunda parte práctica na que cada participante constrúe o seu propio libro de artista/libro obxecto partindo dun obxecto formato libro (axenda, calendario, libro, caderno, libro de postais, etc.,) que é utilizado como elemento base para a formalización da peza.
Exposición na Biblioteca
Unha vez concluído, a intención é expoñer na Biblioteca Pública Municipal os libros de artista resultado deste obradoiro











