Tarefas de bacheo no acceso a Mourelos

Tarefas de bacheo
O Concello de Silleda está a realizar estes días traballos de bacheo en distintos puntos do municipio. Unha das actuacións lévase a cabo nas inmediacións do casco urbano de Silleda, coa reparación da pista que da acceso ao lugar de Mourelos. Operarios municipais realizaron estes días os traballos para solventar as deficiencias que presenta o firme deste viario. Aproveitando o bo tempo durante as últimas semanas tamén se realizaron este tipo de tarefas noutros puntos do rural silledense.











