Rematada a estensión de céspede artificial no campo de fútbol da Trinidade

Vista do campo de fútbol acondicionado
O campo de fútbol da Trinidade, ubicado na parroquia de Oleiros, conta xa cun terreo de xogo de céspede artificial. O derradeiro paso antes de que os veciños poidan disfrutar das instalacións será o montaxe do sistema de rego automático e a colocación de banderíns e porterías regulamentarias. Desta forma concluirá a actuación impulsada desde o Concello de Riveira para a mellora e modernización do campo.
Ademáis, realizouse unha ampliación das dimensións do recinto, que pasou a contar con 97 metros de longo (antes non acadaba os 90) por 55 de ancho (fronte aos 45 que tiña). A empresa encargada de exuctar a obra é Excavaciones Abelleira. O importe da mesma ascende a un total de 191.643,83 euros.











