Os veciños xa poden disfrutar da área de lecer de Punta do Castro en Castiñeiras

Área de lecer
Os veciños xa poden disfrutar da área de esparcemento localizada en Punta do Castro (Castiñeiras) despois de que o Ministerio de Medio Ambiente dese por concluída a actuación de recuperación ambiental do espazo no que antes estaba enclavada a antiga fábrica de Castiñeiras.
Cómpre lembrar que as obras de acondicionamento desta superficie, de 14.200 metros cadrados de extensión, estiveron sendo acometidas pola empresa Construcciones López Cao, S.L., e comportaron un investimento de 505.901 euros.
Os traballos permitiron acometer unha renda de sendas peonís en pavimento natural terrizo, áreas verdes, zonas de aparcamento e dúas pistas deportivas: unha multideporte de 20×35 metros e outra de tenis de 15×32.
Miradoiro
Outro elemento identificativo da zona é unha praza-miradoiro de formigón impreso bordeada por un murete de mampostería na que hai estampada unha gran rosa dos ventos en cores azul e branca.
O Concello será o encargado da conservación do enclave, no que se atopa unha antiga fábrica de salazón de principios do século XIX que dende se quere rehabilitar e poñer en valor unha vez a administración municipal asuma a concesión da zona.











