publicidade hoxe

Os técnicos de servizos sociais dos concellos do Consorcio As Mariñas fórmanse para o servizo piloto de mediación familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondoArteixoBergondoBetanzosCambreCarralCulleredoOleirosSada
A-
A+
Xornada de formación

Xornada de formación

Hoxe tivo lugar na aula Sociocultural da Barcala, en Cambre, unha sesión formativa do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas para o persoal técnico dos Servizos Sociais dos nove concellos que o integran. A sesión estivo enfocada a pór en marcha o novo Servizo de Mediación que vai empezar a funcionar en breve. Recentemente, o presidente do Consorcio, José Antonio Santiso, asinou o convenio de colaboración co Circulo de Mediación de Galicia (CIMEGA), para pór en marcha este Servizo de Mediación na comarca. O primeiro paso consistiu na formación impartida hoxe aos traballadores municipais.

Na primeira parte da xornada de hoxe, unha representación de CIMEGA, formou ao persoal dos Servizos Sociais sobre a mediación, a súa orixe, os principios, as fases que comprende un proceso de mediación, así como sobre as ferramentas de comunicación máis útiles para abordar unha intervención deste tipo. A segunda parte da sesión dedicouse a explicar o procedemento e os protocolos que se seguirán para a posta en marcha do servizo en todos os concellos. Este novo servizo súmase aos que xa veñen prestando desde hai anos, Asesoría Xurídica e Gabinete de Inserción Sociolaboral, nun proceso de seguir creando recursos que dean resposta ás necesidades reais da poboación, a través de servizos de calidade e baseados na comunicación, no diálogo, no respecto, no enfoque ás solucións e no protagonismo das persoas á hora de resolver os seus problemas.

O director do Plan Coordinador de Servizos Sociais e concelleiro de Oleiros, Ignacio Crespo, destacou “a importancia do Consorcio como plataforma para lanzar servizos sociais, próximos aos cidadáns e orientados a resolver os seus problemas”. Este novo servizo foi moi ben acollido polos equipos técnicos de Servizos Sociais dos nove concellos, xa que desde hoxe mesmo contan cunha nova ferramenta no seu importante e duro traballo diario. A mediación é unha alternativa complementaria aos sistemas tradicionais para a resolución de conflitos entre particulares, facendo, ás persoas interesadas, responsables da súa situación e comprometelas na procura de solucións coa axuda dun mediador profesional formado en técnicas facilitadoras de acordos. A mediación, cunha ampla traxectoria noutras partes do mundo, aínda é unha práctica pouco coñecida e utilizada, a pesar de estar regulada desde máis de 10 anos en Galicia e recentemente a nivel nacional.

CIMEGA (Círculo de Mediación de Galicia) é unha asociación de mediación integrada por profesionais multidisciplinares, con vocación autonómica, cos obxectivos esenciais da divulgación, o fomento e a práctica da mediación no ámbito público e persoal. Esta asociación acolle a profesionais coa formación necesaria na mediación e ten entre o os seus obxectivos promover a mediación como fórmula para a resolución de conflitos. Este Servizo de mediación vaise a desenvolver durante o ano 2015 como un proxecto piloto co fin de valorar a súa utilidade e complementariedad na actuación dos Servizos Sociais Comunitarios dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas.

10 de abril de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.