Os “Sábados de Libro” volven esta fin de semana á Biblioteca de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O próximo sábado día 2 de maio comeza unha nova edición de “Sábados de Libro” na Biblioteca Municipal, que se prolongará ata fin de mes. A actividade está promovida pola Concellería de Educación en colaboración co programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é achegar o mundo dos libros aos máis cativos a través de diferentes actividades como contacontos. Este sábado as 12.00 horas, os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán disfturar con “A volta ao mundo en oito máquinas” de Correo do Vento.

A entrada é gratutita para todas as actividades. O día 9 de maio terá lugar o espectáculo “Triquitraque Traquetriqui” de Charo Pita, ao que será necesario inscribirse previamente (a través do correo electrónico: normalizacion@riveira.es ou no teléfono 981835650) debido a que está dirixida a cativos de e 0 a 3 anos e as prazas son limitadas.

Programación de Sábados de Libro na Biblioteca Municipal

Actividade: “A volta ao mundo en oito máquinas”, Polo Correo do Vento

Data: sábado, 2 de maio de 2015

Hora: 12.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Riveira, Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Riveira

Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos

Actividade: “Triquitraque Traquetriqui”, Charo Pita

Data: sábado, 9 de maio de 2015

Hora: 12.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Riveira, Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Riveira

Dirixido a: nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Previa inscrición:normalizacion@riveira.com; tel.: 981835650

Actividade: “A maleta da avoa”, Raquel Queizás

Data: sábado, 16 de maio de 2015

Hora: 12.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Riveira, Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Riveira

Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos

Actividade: “Libros en-cantados”, Magín Blanco

Data: sábado, 23 de maio de 2015

Hora: 12.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Riveira, Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Riveira

Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos

30 de abril de 2015 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.