O Porriño acollerá o Campionato de España Infantil de Fútbol Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Porriño
A-
A+
Sorteo dos encontros

Sorteo dos encontros

O alcalde do Porriño, Nelson Santos; o Concelleiro de Deportes de Porriño, Alejandro Lorenzo, , o Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; e o Presidente do Subcomité Organizador dos Campionatos de España de Seleccións Territoriais da RFEF, Gonzalo Azkárate e Gaztelu realizaron este mediodía no Salón de Plenos do Concello do Porriño o sorteo dos grupos do Campionato de España Infantil de Fútbol sala que se vai a celebrar no noso municpio do 13 ao 17 de Maio.

Nelson Santos e Rafael Louzán foron os encargados de extraer as bólas e o sorteo deparou a seguinte confección dos grupos e cruces de semifinais:

GRUPO A                             GRUPO B                 GRUPO C                 GRUPO D

Ceuta                                           Melilla                        Murcia                       Galicia

Cataluña                                    Baleares                    Canarias                      Madrid

Castela A Mancha                Aragón                     Cantabria                  Andalucía

SEMIFINAIS

1ª Semifinal               1º Grupo B vs 1º Grupo c

2ª Semifinal                1º Grupo A vs 1º Grupo D

O rexedor agradeceu a presenza de Rafael Louzán, ao que felicitou polo seu novo cargo de Presidente da FGF e polo que xa está a facer a Federación polo fútbol galego desde o seu nomeamento.

Gonzalo Azkárate e Gaztelu tamén trasladou ao Presidente da FGF as felicitacións de parte da RFEF pola gran organización do Campionato de España Sub-16 celebrado este pasado fin de semana en Sarria, destacando que “todas as seleccións marcháronse encantadas”, remarcando que “foi un éxito en todos os sentidos”.

E o Presidente da FGF pechou o acto dando as grazas ao Concello do Porriño por apostar por este Campionato de España e pola súa aposta en xeral polo deporte, resaltando o seu desexo de que esta sexa a primeira outras ocasións futuras nas que O Porriño e Federación Galega de Fútbol se unan na organización de eventos.

20 de abril de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.