O luns ábrese o prazo para inscribirse nos obradoiros de bailes de salón para maiores en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que o vindeiro luns día 13 de abril abrirá o prazo de inscrición nos obradoiros de Bailes de Salón que se organizan dende a Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social, no marco do Programa de Dinamización dos Nosos Maiores.

Catro serán as parroquias que acollan esta iniciativa: Santa Uxía (con tres grupos, dous de iniciación e un intermedio), Aguiño (dous grupos, iniciación e intermedio), Palmeira (un grupo) e Corrubedo (un grupo).

O conservatorio de Aguiño, o multiusos Torres Colomer en Palmeira, o edificio do Grupo en Corrubedo e o Círculo Mercantil en Santa Uxía serán as sedes. Francisco Muñiz, do taller Alecrín, será o mestre encargado de impartir as clases.

Os maiores poderán apuntarse tanto individualmente como en parella. Aqueles interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais situado na praza 8 de marzo (teléfono 981 874 131 / email servizossociais@riveira.com).

A actividade desenvolverase entre o 15 de abril e o 10 de xullo.

Imos ao baile

Noutra orde de cousas, cómpre salientar que a iniciativa Imos ao Baile (dirixida a ofrecer esta alternativa de lecer aos adultos e maiores polas distintas parroquias)

Mañá haberá tres sesións de baile no marco deste programa: ás 21 horas na Casa de Cultura de Castiñeiras (coa actuación do grupo Charada), tamén ás 21 horas na Casa do Mar de Riveira (actúa Togayán) e ás 22 horas na Casa de Cultura de Carreira (con La Noria). Todas son gratuítas

10 de abril de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.