O Concello de Riveira pretende redistribuír o aparcamento xunto ao camping de Coroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de solicitar unha axuda á Xunta (concretamente á Axencia de Turismo de Galicia) para realizar unha actuacido acceso e amara para realizar unha actuaciiRAIA DE COROSOecemento dos festivos locais a escoller pola corporaci que tiña).ón de mellora do acceso e máis o aparcamento na praia de Coroso, preto do camping alí situado. A subvención está dirixida ao fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

A obra ten por obxecto ampliar o ancho da calzada para que os vehículos poidan circular en ambos sentidos con suficiente espazo (actualmente conta cun ancho de 3 metros), ademais de colocar novas beirarrúas que permitan aos peóns camiñar sen risco. Tamén se prevé a redistribución das prazas do aparcamento para que están dispostas dun xeito máis eficaz.

Ademais, realizaranse labores de desbroce dos sobreanchos e acondicionarase a superficie a pavimentar.

Mellora da accesibilidade

Esta actuación está adscrita ao Plan de Accesibilidade Univesal que pretende levar a cabo o Executivo seguindo as recomendacións do Plan de Mobilidade Urbana Sostible.

O importe total da obra ascenderá a 60.240,56 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses.

29 de abril de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.