O Concello de Riveira emprende a restauración da area de lecer de Laxe da Gata en Corrubedo

Acondicionamento da área de lecer
A área recreativa de Laxe da Gata, ubicada na parroquia de Corrubedo, moi preto do lugar de Teira, foi obxecto dunha restauración impulsada polo Concello. A obra consisitiu na rehabilitación de 10 mesas, 14 bancos e 6 barbacoas; que substituíron as antigas que se atopaban en avanzado estado de deterioro e inutilizables. Para isto empregáronse tanto taboleiros e soportes de granito para mesas e bancos como ladrillo refractario para o pechamento de barbacoas.
A empresa encargada de levar a cabo os labores de reparación foi Construcciones Jenaro. O importe total de obra ascendeu a 7.851,75 euros, IVE inclúdo. Desta forma o Concello recupera un área de lecer que os veciños poden aproveitar coa chegada do bo tempo.











