O Concello de Riveira deseña un proxecto para á mellora da pavimentación de dous viais situados no polígono de Xarás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de redactar un proxecto para a mellora da pavimentación de dous viais ubicados no Polígono Industrial de Xarás. A actuación afecta a 611 metros cadrados de estrada. Estos camiños atópanse actualmente nun avanzado estado de deterioro, con baches e zonas disgregadas, o que constitúe un risco para o continuo fluir de tráfico rodado que se dá por estas rúas.

A obra consistirá na pavimentación das vías cunha capa de oito centímetros de aglomerado asfáltico. Ademáis, procederase á renovación de dous tubos pluviais que atravesan a rúa e a mellora de diferentes pozos de rexistro e arquetas. O prazo de execución será dun mes e medio.

Solicitouse unha subvención

Para a materialización do proxecto, o Concello solicitou unha achega á Consellería de Economía e Industria, enmarcada dentro das axudas á habilitación e mellora das infraestructuras dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O importe da obra ascende a un total de 92.414,20 euros, IVE incluído. A axuda solicitada abrangue o 80% do prezo total da obra.

30 de abril de 2015 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.