O Concello de Riveira adxudica a pavimentación da rúa Álvaro Cunqueiro
O Concello de Riveira vén de adxudicar unha nova actuación consistente na renovación da pavimentación da rúa Álvaro Cunqueiro, situada na cidade de Santa Uxía. A empresa Canarga, SL, resultou a entidade adxudicataria, por un importe de 15.651,71 euros, IVE incluído. En virtude desta obra estenderase un novo pavimento a base de aglomerado asfáltico (mestura bituminosa en quente tipo D-12) ao longo dunha superficie de 1.100 metros cadrados.











