O Club de Lectura da Biblioteca Municipal Daniel Castelao manterá un encontro coa escritora María Lado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O club de lectura da Biblioteta Municipal Daniel Castelao de Silleda celebra o vindeiro mércores día 15 un novo encontro. A cita será coa escritora María Lado (Cee, 1979) e a súa obra poética Oso, mamá, sí?. A reunión celebrarase ás 20.30 horas.

María Lado é autora de varias obras de poesía como: A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001), berlín (2005), nove (2008) e Amantes (2011). Publicou tamén o álbum infantil Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014).Poemas seus aparecen recollidos en ducias de libros colectivos e forman parte de diversas antoloxías. O seu interese polo recital poético levouna a formar parte de diferentes proxectos que exploran distintas fórmulas para o achegamento da poesía ao público maioritario.

Inicio do programa Ler conta moito, o vindeiro día 23

Por outra banda, o vindeiro xoves día 23 dará comezo na Biblioteca Daniel Castelao de Silleda o programa Ler conta Moito, co obradoiro creativo impartido por Regueifeiros de Galicia. Está dirixido a adultos, mocidade e nenos de 9 a 14 anos.

Trátase dun obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa/brindo), dirixida a todas aquelas persoas con inclinación a práctica do verso clásico rimado , e con curiosidade por coñecer as tradicións populares do país, e tamén de fóra del.

O obradoiro comezará ás 17.00 horas.

13 de abril de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.