O BNG de Silleda advirte que o Concello está a prexudicar a usuarios de telefonía e internet ao limitar o acceso dos técnicos á Casa da Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A casa da Xuventude de Silleda da rúa Trasdeza alberga desde hai moitísimos anos a centraliña de telefonía de Telefónica, a cal na actualidade conta cuns 5000 usuarios. Algúns destes téñense visto prexudicados cando teñen diferentes avarías, principalmente na fin de semana, debido ao litixio que o Concello de Silleda mantén coa empresa á hora de non deixar pasar aos técnicos a solucionar os problemas na propia centraliña.

O que quere dicir que a veciñanza está pagando con longas esperar para ver arranxadas as avarías por causa da cerrazón do alcalde de Silleda para solucionar o asunto, mentres os veciños e usuarios vén como perden de ter o servizo telefónico.

O Concello non pon facilidade ningunha para entraren os técnicos, mesmo oculta a chave do portelo da Casa da Xuventude por onde poden acceder, e polo tanto, de forma premeditada e consciente, se está a perturbar aos usuarios que quedan sen liña por circunstancias, que ás veces, teñen un simple arranxo momentáneo ao acceder á centraliña.

Varios usuarios dirixíronse ao BNG de Silleda para pór en coñecemento esta situación que observan totalmente ilóxica e demencial, asegurando que eles non teñen por que pagar os problemas entre Telefónica e o Concello para gozar dun servizo que pagan e do que teñen todo o dereito do mundo a seren servidos e non estar incomunidados por teléfono ou polo acceso á internet.

Precisamente nestes días, o portavoz do BNG e candidato á Alcaldía, Matias Rodríguez da Torre, se preocupou por este asunto ao dixo “que se lle pode atopar unha solución doada dando un paso de servidume a Telefónica ou facilitando de novo o acceso á apertura da porta, en canto se negocia o que se teña que negociar coa empresa, mais sen prexudicar aos usuari@s dun servizo fundamental”.

24 de abril de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.