O BNG Asembleas Abertas preséntase en Silleda para acabar co caciquismo

Candidatos 1, 2, 4, 5, 7, 8, 10 e 12 do BNG de Silleda
O Bloque Nacionalista Galego Asambleas Abertas fixo pública a súa candidatura ás eleccións municipais ao Concello de Silleda co obxectivo de acabar coas políticas baseadas no caciquismo e os favores, mais de costas á xente, levadas a cabo en gobernos pasados e presentes tanto polo PP como polo PSOE.
O Bloque pretende devolverlle o Concello á xente, que esta sexa dona del e non dependa dos caprichos do alcalde de turno para levar a cabo o que lle peta. Para o BNG as persoas deben ser as protagonistas da política municipal e deden ter, polo tanto, capacidade para dicidir e mesmo xestionar os intereses públicos, e non ser considerados como meras masas de votantes para opinar cada catro anos nada máis.
Para o BNG Asembleas Abertas faise fundamental no Trasdeza recuperar os servizos públicos recortados ou perdidos coas políticas de dereitas de todos estes anos pasados, apostar pola economía podutiva e polo Concello cono axente de emprego e políticas laborais e sociais, que conduzan, por exemplo, ao apoio á mocidade e empresari@s autónom@s para traballar e vivir en Silleda, ou iniciativas orixinais e alternativas que transformen o Concello a partir da xestión política a nivel cultural, turístico ou ambiental.
O Bloque tamén considera fundamental unha boa previsión para a atención ao noso medio rural, a aprobación, ordenación e posibilidade de construción a través do PXOM, a construción do Centro de Día-Residencial, ou o establecemento de políticas para as urxencias sociais económicas ou de vivenda deste tempos.
Para todo isto, o Bloque AA pon ao dispor dos silledenses unha candidatura renovada ao 60% con respecto a hai catro anos e coa entrada de xente con carácter totalmente independente froito do proceso do contacto directo e plural aberto coa cidadanía na acción denominada Asembleas Abertas, a cal finalmente, se reflicte de xeito moi relevante na listaxe electoral.
Por todo iso, o BNG AA pretende ser o depositario da confianza dos trasdezaos e trasdezás para non perpetuar maiorías que van directamente en contra dos dereitos democráticos das persoas ao caer na tentación omnipotente de alcaldes ditadores, e por isto, se erixe na voz e na representación da alternativa e a pluralidade no Concello de Silleda, facendo á vez un chamamento a aquelas persoas que se sintan nacionalistas, galeguistas e de esquerdas, pois a candidatura do BNG AA diferénciase nomeadamente das outras por non atender os intereses persoais, e si os comúns e xerais d@s silledenses.
CANDIDATURA BNG ASEMBLEAS ABERTAS SILLEDA 2015
1.MATÍAS RODRÍGUEZ DA TORRE. (41 anos. Silleda. Lcdo. Filoloxía galego-portuguesa. Profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Portavoz municipal desde 2009. Candidato á Alcaldía)
2.ANA ROSA CORNADO MOLINA “Tania” (Pazos. Diplomada en graduado social. Responsábel local do BNG)
3.MIGUEL LÓPEZ SANMARTÍN (Independente. Silleda. Grao en relación laborais. Técnico de prevención)
4.CARME FIDALGO COLMEIRO (Saídres. Diplomada en maxisterio. Concelleira do BNG 1995-2009)
5.XOÁN CARLOS FERNÁNDEZ ANDÓN “Mudi” (A Bandeira. Diplomado en graduado social. Xestor de emerxencias)
6.ALMUDENA SERANTES PUENTE (Independente. Silleda. Administrativa comercial)
7.DIEGO FRADE AMIL (Independente. Ponte. Estudante de matemáticas na USC)
8.SUSANA CONDE COSTA (Breixa. Queixeira)
9.MARIO BREA ESPIÑO (Lamela. Traballador de mantemento. Militante de Galiza Nova Trasdeza)
10.XOÁN XOSÉ SÁNCHEZ VARELA (Silleda. Comerciante)
11.MARISA GARRIDO LÓPEZ (Margaride. Camareira)
12.XERARDO DÍAZ CASAL (Independente. Dornelas. Lcdo. administración e xestión de empresas. Asesor Fiscal)
13.ANA LÓPEZ PENA (Independente. Chapa. Polbeira. Nai loitadora contra a droga)
SUPLENTES:
MATEO VARELA CORNADO (Pazos. Xeógrafo. Militante de Galiza Nova Trasdeza)
ÓSCAR ARES PAZOS (Silleda. Deliñante industrial)
ARGIMIRA SÁNCHEZ BALADO “Cachita” (Silleda. Pensionista)











