O alcalde de Riveira intercede coa Xunta para que os inquilinos poidan seguir nos pisos de Xarás
O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz, púxose esta mañá en contacto co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, para interesarse polas dificultades padecidas por familias instaladas nos pisos sociais de Xarás a hora de abonar os seus alugueres á Xunta de Galicia.
De resultas da conversa mantida entre Ruiz e García, concluíuse en que se abrirá unha vía para que aqueles que non teñan capacidade real de pago poidan seguir pacificamente na súa vivenda, sempre que xustifiquen adecuadamente dita imposibilidade.
En canto aos que si teñan posibilidades de pago, establecerase un calendario de fraccionamento para flexibilizar o abono do aluguer nos prazos e na contía que se estime adecuados segundo as circunstancias concretas de cada caso.
A efectos de levar a bo porto estes estremos, a Alcaldía deu instrucións ao Departamento de Servizos Sociais, que se encargará de avaliar os distintos casos e coordinarse coa Xunta de Galicia na tramitación.











