María Cacharro toma posesión como secretaria xeral do Concello de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Acto de toma de posesión

Acto de toma de posesión

Esta mañá tomou posesión como secretaria xeral do Concello de Silleda María Cacharro López. A nova funcionaria asistiu xa ao pleno do sorteo dos membros que integrarán as mesas electorais do vindeiro 24 de maio.

O alcalde, Manuel Cuiña, deu a benvida á nova secretaria que sustitue no cargo a Manuel Quintáns.

No tocante ao pleno desta mañá, a Corporación validou o sorteo para elixir aos membros que constituirán as 16 mesas electorais do municipio, designando a presidentes/as, primeiro e segundo vogal e tamén aos suplentes. Os 144 veciños e veciñas designados no sorteo serán notificados nos vindeiros días.

Logo da redistribución das mesas electorais o pasado ano, que xa se fixo efectiva nas Eleccións Europeas de 2014, serán 16 mesas en total no termo municipal de Silleda.

Nesa restructuración desaparaceron as mesas de Rellas, Abades e Moalde, ao non alcanzar os 200 electores.

A mesa de Rellas redistribuiuse noutras dúas. Así os veciños de Rellas votarán en Escuadro e os de Margaride (que tamén votaban en Rellas) deberán acudir a Silleda (Casa da Xuventude), donde hai catro mesas electorais. En total o municipio conta con 7.379 electores.

Os veciños de Abades e Pazos, que votaban xuntos en Abades deberán de acudir á Bandeira, ao igual que os veciños de Moalde, que tamén deberán de votar na Bandeira.

Ademais da supresión destas tres mesas, no municipio silledense tamén se rexistran outras modificacións. Así, os veciños dos lugares de Cumbraos e Barreiro volverán a votar en Escuadro (nos últimos anos acudían a Moalde); e a parroquia de Ansemil volverá a votar na mesa electoral de Breixa.

27 de abril de 2015 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.