“Ler conta moito” comeza este xoves na biblioteca Daniel Castelao de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Pasado mañá xoves día 23, con motivo do Día do Libro, dará comezo na Biblioteca Daniel Castelao de Silleda o programa Ler conta Moito, co obradoiro creativo impartido por Regueifeiros de Galicia. Está dirixido a adultos, mocidade e nenos de 9 a 14 anos.

Trátase dun obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa/brindo), dirixida a todas aquelas persoas con inclinación a práctica do verso clásico rimado , e con curiosidade por coñecer as tradicións populares do país, e tamén de fóra del.

O obradoiro comezará ás 17.00 horas.

O programa continuará o vindeiro mes de maio. Así O dia 15, dentro tamén da programación das Letras, a cita será para nenos de 4 a 12 anos, con unha actividade centrada na figura de Xosé Filgueira Valverde, ao que se lle adica este ano o Día das Letras.

Xa no mes de outubro, o día 22, o programa Ler Conta Moito rematará coa actuación de Pablísimo e os seus contos.

O autor traerá a Silleda o espectáculo Rás, Contos Batracios, unha actividade de dinamización adicada a sapos e rás, figuras moi presentes na literatura infantil e xuvenil. Neste caso a actividade diríxese preferentemente a nenos e nenas de 4 a 9 anos.

”O público máis novo será o protagonista desta iniciativa que ten como principal obxectivo o fomento e dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, contribuindo á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento”, engade o alcalde e concelleiro de Cultura, Manuel Cuiña. O programa foi posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación, a través a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos Concellos.

21 de abril de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.