Habilítase un enlace na web do Concello de Riveira para notificar incidencias no alumeado
Tan só cinco días despois da entrada en vigor do novo contrato de alumeado público xa se comezan a advertir os primeiros avances na prestación do servizo, coa posta a disposición dos veciños por parte da empresa concesionaria Ferrovial dunha dirección web para que poidan notificar calquer tipo de incidencia, no ánimo de solucionar de forma rápida os problemas que poidan acontecer na rede de iluminación.
Os cidadáns poderán acceder ao servizo Avisaweb directamente dende un apartado específico habilitado na páxina web do Concello (www.riveira.es / www.riveira.gal) ou premendo directamente no seguinte enlace :http://ferroser.evial.net/avisaweb/avisaweb.aspx?ayto=Riveira. Para canalizar a tramitación da incidencia tan só se precisa deixar unha conta de correo electrónico ou un número de móbil.
Modernización do sistema
A empresa concesionaria ten previsto nos seis primeiros meses unha renovación do alumeado consistente no cambio das 8.000 lámpadas de vapor de sodio por outras de tecnoloxía LED de baixo consumo.
Ferrovial encargarase durante os próximos 12 anos do servicio integral de iluminación exterior do municipio. Entre as súas tarefas atopanse a xestión enerxética, a garantía total e as obras de mellora e renovación das instalacións.











