Erradícanse 210 neumáticos de coche e tres de tractor dun camiño público en San Alberto
Efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Riveira (GAEM) estiveron erradicando estes días un vertedeiro incontrolado situado no camiño de San Alberto na parroquia de Palmeira, formado por 210 rodas de coche e outras tres tractor.
Os neumáticos foron trasladados a un depósito apto para a súa recollida a fin de que un xestor autorizado para este tipo de refugallos se faga cargo do seu transporte e manipulación.
Por segundo día consecutivo, o Concello ten que lamentar este tipo de comportamentos incívicos que van en detrimento do benestar no noso municipio e afean o entorno.











