Conclúen as obras de pavimentación dun camiño de 160 metros no alto de Graña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da conclusión das obras de pavimentación con aglomerado asfáltico dun camiño de 160 metros situado no alto da Graña, fronte ao antigo emprazamento do colexio unitario. A empresa encargada de executar a obra foi Tarrio Suárez e o importe da mesma ascendeu a un total de 8.466 euros.

Ademais de realizar a pavimentación da antiga vía de terra cunha mestura de bituminosa sobre unha superficie de 570 metros cadrados, tamén se limparon e levantaron as tapas de rexistro. Desta forma o Concello cumpriu cunha demanda dos veciños da zona.

27 de abril de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.