Comenzan os traballos de axardinamento do solar cedido na rúa Xeral da Bandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Traballos de axardinamento

Traballos de axardinamento

O Concello de Silleda vén de iniciar as tarefas de axardinamento do solar cedido polos propietarios no número 48 rúa Xeral da Bandeira. Así, operarios municipais comenzaron hoxe a colocar prantas, e arbustos no recinto, que comunica a rúa Principal da Bandeira coa rúa da Feira.

A parcela, habilitada logo da cesión como zona axardinada e de paso, conta cun paseo central no que se instalou tamén unha pérgola de madeira e bancos. A ornamentación tamén se completará coa plantación de árbores xunto á pérgola para dar sombra. A mellora completarase coa instalación de unha lona nunha das fachadas que flanquean o solar.

Á vista da situación da parcela, en desuso, e da necesidade de mellorar o seu acondicionamento, o Concello propuxo á familia propietaria (que reside fóra) asinarun convenio de cesión. O alcalde, Manuel Cuíña, reitera o agradecemento en nome de todos os veciños e veciñas, pola boa disposición e o xesto da familia propietaria.

Esta actuación tamén contribuirá a seguir apostando pola humanización da vila da Bandeira.

8 de abril de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.