Cobra forma a área de esparcemento na beira do curso baixo do río Arlés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Traballos no parque do Río Arlés

Traballos no parque do Río Arlés

Case un mes despois de que se procedese coa demolición da vella nave leiteira de formigón á beira do curso baixo do río Arlés, operarios da empresa adxudicataria da recuperación integral deste cauce fluvial (Canarga S.L.) están a proceder por fin á creación no emprazamento dunha nova área de esparcemento para disfrute de veciños e visitantes.

Esta área de esparzamento, situada na parroquia de Artes, comprende prazas de aparcamento, un parque biosaudable cunha decena de máquinas aptas exercitar o corpo por de calquera idade, espazos verdes, e un espazo de merendeiro con bancos e mesas de madeira.

Esta acción incardínase no proxecto de recuperación integral do río Arlés e ten por obxectivo crear no seu emprazamento unha nova área de esparzamento para disfrute de veciños e visitantes, que estará situada xustamente no lugar onde arranca a senda paralela ao cauce fluvial, no punto de confluencia coa estrada DP 71304.

A execución de recuperación do río Arlés, Artes ou Sanchanás ten un orzamento de 595.205 euros e forma parte do proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con fondos europeos FEDER. A empresa Canarga é a entidade adxudicataria. A empresa Hidria Ciencia, Ambiente y Desarrollo foi a que se encargou de deseñar o proxecto por un importe de 66.182 euros.

1 de abril de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.