Chega ao Porriño a exposición “Reptigalia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Tras o seu exitoso paso por outros concellos da provincia, a concellaría de Cultura do Concello do Porriño, que dirixe Teresa Veloso, trae ao noso municipio a exposición de réptiles “Reptigalia”. Deste xeito, do 15 ao 21 de abril, O Porriño converterase nun espazo científico e educativo onde se poderán contemplar 100 exemplares vivos de réptiles chegados de diversas partes do planeta, expostos en 40 terrarios que simulan o seu hábitat natural. Escorpións, tarántulas, camaleóns, dragóns, ras ou diferentes especies de serpe serán algúns dos exemplares que teremos a oportunidade de admirar de preto, cada un deles acompañado dunha ficha biolóxica onde se especifican o seu nome, as súas características morfológicas e outras curiosidades.

A mostra, conta cun aliciente a maiores, e é que Ángel García, experto herpetólogo que acompaña a exposición, resolverá calquera dúbida que se expoña aos asistentes. A exposición poderase visitar no Centro Cívico (Antigos xulgados) de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Sábado, Domingo e festivos abrirá de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas. A entrada será libre e gratuíta.

13 de abril de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.