Apertura do prazo para participar no obradoiro de baile de Os Cempés na Bandeira
Os Cempés toman o relevo no III Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui, que comezou o pasado mércores en Silleda. A cita será o vindeiro sábado día 11 no Centro Cultural Vista Alegre, cun obradoiro de baile e sesión de baile e música ao vivo.
O obradoiro será pola tarde, ás 19.30 euros e ten un custe de 5 euros, o mesmo prezo que a sesión de pezas bailables que ofrecerá o grupo, tamén en Vista Alegre a partir das 22.00 horas.
As persoas que asistan ao obradoiro e a sesión, recibirán como agasallo un CD deste grupo de música tradicional e poderán participar nun pequeno ágape. Para asisitir ao obradoiro as persoas interesadas poden anotarse durante toda esta semana no Centro Cultural Vista Alegre ou chamando ao 986 585550.











