Apertura do prazo para inscribirse no III Triatlon Concello do Porriño
O vindeiro sábado 6 de xuño, O Porriño volverá acoller a que é unha das probas estrela do calendario deportivo galego, a terceira edición do Tríatlon Concello do Porriño. Así, a partir das 17:00 horas a carreira dará o seu pistoletazo de saída no Porto Deportivo de Tui, onde os atletas percorrerán un tramo de 750 metros a nado no río Miño, para a continuación dirixirse en bicicleta ao Porriño nun percorrido de 20,2 quilómetros pasando por Ribadelouro, Mosende, Pontellas, Torneiro e o Velódromo Municipal, con fin na Avda. de Galicia. Unha vez alí, farase a transición para efectuar o último tramo, desenvolverase no centro urbano do Porriño, no que deberán completar a pé 5 quilómetros. Como en pasadas edicións, a meta estará situada na praza Antonio Palacios.
O prazo de inscrición para participar na proba estará aberto ata o martes 2 de xuño, podendo formalizarse en liña a través da páxina da Federación Galega de Atletismo (www.fegatri.org) No entanto ante calquera dúbida poden dirixirse á concellaría de Deportes do Concello do Porriño.
O prezo da inscrición para os federados será de 10 euros e gratuíto para os cadetes. Os non federados deberán tramitar a licenza dun día a través da propia web da federación, tendo esta un custo de 12 euros, polos que os non federados pagarán 22 euros e 12 euros a categoría cadetes. Ademais, o propio día da proba, no momento de recoller o dorsal, cada participante deberá entregar un quilo de comida en beneficio de SOS Porriño (preferiblemente arroz, pasta, leite, aceite…).
Haberá tres premios para cada unha do catro categorías: cadete, junior, absoluta e veteranos; ademais do trofeo local, masculino e feminino.











