Apertura do prazo de solicitude para participar no programa diurno de balnearios Coidarte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda continuará participando este ano no programa diurno de balnearios “Coidarte”. Grazas a este programa as persoas beneficiaciarias poderán gozar durante 5 días seguidos, de luns a venres, das instalacións de distintos balnearios da provincia, voltando á súa casa no mesmo día, cun servizo de autobús

Esta iniciativa, organizada pola Deputación de Pontevedra, e na que colabora o Concello de Silleda, financiando parte do custe, busca contribuir ao fomento na calidade de vida dos maiores.

Os interesados poden anotarse nas dependencias da Concellería de Benestar e Igualdade, no Centro Social de Silleda (986 592037), ata o día 30 deste mes.

Os participantes de Silleda, acudirán ao balneario Termas de Cuntis na semana que sexa estipulada polo organismo provincial. Poderán participar personas nacidas antes de 1965, pensionistas e persoas que precisen dun respiro familiar, sempre que o acrediten mediante informe do traballador/a social do Concello.Outro dos requisitos que deben de cumprir os participantes é non padecer enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa e ter autonomía para participar no mesmo.

9 de abril de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.