Adxudícase o saneamento de Casanande cun investimento superior aos 150.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que a xunta de goberno local procedeu na súa sesión de hoxe á adxudicación provisional dunha agardada actuación consistente no saneamento do lugar de Casanande, na parroquia de Olveira.

Entre as 12 empresas presentadas ao procedemento de licitación, a que obtivo unha mellor clasificación resultou ser Excavaciones Nima S.L.. A execución desta obra demandada polos veciños comporta un investimento de 154.983,82 euros, IVE incluído. O prazo de realización son cinco meses.

O lugar de Casanande posúe un trazado irregular e unha anchura variable nos seus camiños. O núcleo está formado por vías estreitas de formigón na que a día de hoxe se observan signos de deterioro. Ademais, carece de rede de saneamento e a de pluviais está formada por cunetas e taxeas bastante deterioradas.

As obras que se pretenden realizar inclúen, para saneamentos fecais, a colocación dun colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetro e 606 de lonxitude, que conducirá as augas fecais ata entroncar coa rede existente na estrada de Artes a Corrubedo.

Pluviais

Para pluviais disporase 370 metros de colectores de PVC corrugado de 315 milímetros e construirase arquetas sumidoiro de formigón prefabricado e pozos de rexistro.

No que respecta a pavimentos, empregarase pavimento de formigón HM-20, de 20 centímetros de espesor, intercalando pavimento formado por adoquín recto de dimensións 20x15x8 centímetros. Tamén se utilizará en certos puntos pavimento de aglomerado asfáltico en quente e delimitarase un carril de circulación dende a estrada de Artes a Corrubedo ata a entrada ao lugar.

9 de abril de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.