A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visita Silleda o luns 27

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar Silleda este mes. A cita será o vindeiro luns día 17 na capital municipal, onde quedará instalada no lugar de costume: na avenida do Parque, fronte á parada de taxis. Nesta xornada as persoas que queiran realizar doazóns poden acudir en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. No caso das persoas que doen por primeira vez deberán de achegar o DNI.

O Concello de Silleda e o Centro de Centro de Transfusión de Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.

17 de abril de 2015 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.