A ILP sobre a obra de Castelao preséntase en Silleda este mércores
Este vindeiro mércores 29 de Abril ás 21:00 h na Biblioteca Pública Municipal “Daniel Castelao” na Casa da Cultura de Silleda, a Federación Galiza Cultura presentará a Iniciativa Lexislativa Popular polo dereito ao coñcemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego. Na organización do acto colaboran a Comisión pola Memoria Siñor Afranio e a Asociación Socio-Cultural Adellís de Sillleda, tomará a plabra o profesor estradense
Xoán Carlos Garrido, o cal tamén presentará a proxección do documental Estrela na Alba, o pensamento político de Castelao,
O acto é aberto e fai parte da xeira de presentacións desta ILP que está a recoller sinaturas para presentar proximamente no Parlamento Galego.











