A igrexa de Santa María do Porriño será escenario dun encontro coral
A música volverá alagar mañá venres a Igrexa Parroquial de Santa María de Porriño. A Escola Municipal de Música, dependente da concellaría de Cultura do Concello do Porriño que dirixe Teresa Veloso, organiza un encontro que reunirá a diferentes agrupacións de canto coral. Serán tres as corais que ofrecerán un recital neste incomparable escenario: as corais polifónicas San Blas de Budiño, San Lourenzo de Belesar e o coro da Escola Municipal de Música do Porriño. Será mañá venres, 17 de abril, a partir das 20:00 horas.











