publicidade hoxe

A Estrada e Silleda participan cun roteiro intermunicipal en Goza do Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaSilleda
A-
A+

Os Concellos de A Estrada e Silleda están a ultimar o roteiro conxunto co que participarán este ano no programa Goza do Ulla. Este roteiro intermunicipal terá como protagonistas dúas parroquias limítrofes que pertencen a cadanseu municipio: a localidade silledense de Cira e a parroquia estradense de San Miguel de Castro.

Baixo o nome Roteiro Intermunicipal Natural Ullán, propónse un percorrido de aproximadamente 10 kilómetros, con unha duración estimada de unhas tres horas e con dificultade media. A data de celebración será o vindeiro 12 de setembro.

Tratase dun roteiro lineal que partirá da praia fluvial de Cira e rematará no Couto do Castro, en San Miguel. Discorrerá pola contorna do Castelo de Cira, invernadoiros desta última localidade e continuará paralelo entre o bosque de ribeira do Ulla, xa por terras estradenses, para rematar no miradoiro do Castro de San Miguel, onde os participantes poderán disfrutar de unha impresionante vista ao meandro do Ulla, sobre Gundián Ponte Ulla e como fondo co Pico Sacro.

O regreso está previsto que se faga en autobús ata o punto de partida.

O programa Goza do Ulla é unha iniciativa conxunta que xurdiu hai 4 anos, sumando xa 19 concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio vinculando municipios e comarcas.

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra, son Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces e Vedra.

21 de abril de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.