A Escola Municipal de Ballet de Riveira celebrará cunha xornada de portas abertas o Día Mundial da Danza
O próximo martes 28 de abril conmemorarase o Día Mundial da Danza. Con motivo desta data, a Escola Municipal de Ballet prepara unha xornada de portas abertas dirixida tanto aos pais e nais dos alumnos como ao público en xeral. O evento está impulsado pola Concellería de Cultura e Festexos e ten como obxectivo contribuir á difusión desta disciplina artística. A clase, impartida pola profesora Cristina Riveiro, terá lugar na aula do Conservatorio de Música de Grao Medio ás 18:45 horas











