A Casa da Cultura de Silleda acolle un recital poético musical no marco da exposición de Fondevila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSilleda
A-
A+

O vindeiro sábado día 25 celebrarase na Casa da Cultura de Silleda un recital poético-musical, que terá lugar nunha das salas que alberga a exposición antolóxica do artista silledense José Antonio Fondevila. No acto, previsto para as 20.00 horas, intervirán o escritor Xosé Vázquez Pintor o xornalista e escritor Manuel Núñez Fiuza e o grupo poético musical Amancay. Este último está integrado polo polifacético artista Jaime Correa Deulofeu, nado na Patagonia e residente en Vigo dende 1989; Carmen Gago, presidenta da Asociación Artística Cultura de Pontevedra e con varios discos publicados; e pola poetisa Maricarmen Álvaro.

Así a música unirase aos versos no marco da obra de Fondevila, que amosa a súa creación nunha exposición antolóxica que poderá verse en Silleda ata o vindeiro 16 de maio.

Vázquez Pintor (Melide 1946), cunha actividade cultural que abrangue distintos ámbitos –dende a poesía, narrativa e ensaio ata a súa vinculación ao mundo da escena como fundador de varios grupos teatrais- e Manuel Núñez Fiuza, que xa presentou o pasado venres o acto inaugura da mostra de Fondevila, súmanse pois ao grupo Amancay nesta proposta cultural.

22 de abril de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.