publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Nespereira celebra o Festival de Música Tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Casa da Cultura de Nespereira encherase mañá da mellor música tradicional grazas ao festival organizado pola Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén, en colaboración co Concello e a Deputación de Pontevedra. O pano do auditorio levantarase a partir das 20.00 horas para ofrecer un espectáculo no que reunirá a case un centenar de músicos. O acceso ao concerto será totalmente gratuíto.

O evento ten o propósito de recuperar e estimular a práctica da música tradicional ademais de xerar un espazo de encontro entre persoas que valoran o crecemento cultural e humano a través da música. O festival contará coa participación da Coral Polifónica da Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén, en calidade de anfitrioa, a Banda de Música de Redondela e a Asociación Musical Rondalla de Redondela. A unión destas dúas formacións musicais dará vida a un repertorio de pezas especialmente adaptadas para unha harmonía entre gaitas e bandas de música tradicionais.

30 de abril de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.