A candidatura de Nelson Santos presenta #yovoyconnelson, a súa nova canle de comunicación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Presentados xa oficialmente os 27 integrantes da lista encabezada polo actual alcalde Nelson Santos, o seguinte paso foi abrir unha canle de comunicación coa cidadanía a través do cal ademais de informar dos diferentes actos e eventos públicos de precampaña e campaña electoral, tamén se establece unha interacción directa cos veciños, atendendo ás súas demandas e dúbidas.

#yovoyconnelson, así se denomina a nova páxina de facebook onde tamén se pode visionar o vídeo de presentación das 13 mulleres e 13 homes que acompañan a Nelson Santos no logro de revalidar a maioría absoluta de 2011, unha gravación na que os membros do equipo xustifican o apoio a Nelson polos obxectivos conseguidos no últimos cinco anos e que contabiliza xa, a día de hoxe, máis de 2.500 reproducións.

A nova canle #yovoyconnelson nace coa intención de manter un diálogo continuo cos veciños, a través do cal se poden intercambiar impresións e facer chegar as inquietudes e opinións de cada persoa que así o desexa. “O obxectivo é xerar un contacto directo e aberto ao diálogo, un espazo no cal teñen cabida achegas e opinións que enriquezan o noso proxecto de futuro para O Porriño e para os porriñeses”, explica Nelson Santos.

Na páxina, que rexistrou estes días a visita de máis de 8.000 usuarios, irase informando das diferentes reunións e actos de precampaña e campaña, colgando todos os comunicados de prensa e fotografías que se envían aos medios de maneira que #yovoyconnelson se converta na canle oficial de información e comunicación dos populares do Porriño de cara ás eleccións municipais do 24 de maio.

29 de abril de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.