A Asociación Amigos da Empanada celebra o 17 de abril unha nova asamblea para elixir xunta directiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O vindeiro venres día 17 ás 20.30 horas celebrarase no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, unha nova asamblea da Asociación Amigos da Empanada da Bandeira. Nesta convocatoria agárdase que se presenten socios para coller as rendas da directiva.

O pasado día 1 de abril celebrouse a asamblea na que a xunta anterior presentou as contas e anunciou a dimisión dos seus membros, que explican que ao tratarse da segunda convocatoria, de non presentarse ninguén para formar parte da nova directiva a Festa da Empanada da Bandeira correría o risco de non celebrarse o vindeiro mes de agosto.

É por iso que dende a directiva saínte se fai un chamamento aos socios/as e veciños/as para facerse cargo da entidade.

15 de abril de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.